Había unha vez, neste planeta, un grupo de xente que aproveitaba as cousas que os demais non utilizaban. Eles tiñan unhas cabezas capaces de inventar obxectos para darlles moitas utilidades.
Entre eles, naceu un neno; e cando o ían bautizar, para non mollarlle a cara, inventaron un utensilio: colleron unha saia de plástico dunha boneca e axustáronlla á cabeza, de maneita que, ao caerlle a auga, non lle fose para a cara.
O neno, ao longo do tempo, vía como os seus pais inventaban cousas incribles que logo eran utilizadas por outras persoas. Os mellores inventos chegaron a venderse nos grandes mercados.
Cando o pequeno Lewandowski fixo os cinco anos, seus pais, Ana e Aubemayans, cumpríronlle o desexo de deseñar o seu propio invento, xa que na súa seita non se podía inventar nada ata os dezaoito anos.
A Lewandowski levoulle quince días e quince e noites rematar o seu pequeno invento. Tras dúas semanas de traballo, saíu da sala de inventos co que argallara. Dirixiuse á súa casa, para amosarllo aos seus pais; e, ao chegar, ensinoulles o boneco dun superheore que tiña a capacidade de multiplicarse infinitas veces durante certo tempo, co fin de axudar aos da súa seita, facer os labores e así, ademais, aumentar o número de persoas daquel lugar.
O robot, co paso do tempo, empezou a esgotarse, ata que chegou un momento no que caeu de cu, sen forzas. Todos os da seita acudiron para saber por que parara. O robot, ao ver que xa estaban gordos de non traballar, impúxoselles e díxolles: -Eu non podo facelo todo!!! E abandonou a seita.
El non sabía que era un perigo potencial en malas mans, e xustamente, foi caer nunha trampa que lle tenderon os das fábricas para intentar raptalo, sabendo que téndoo a el poderían despedir os traballadores e facerse ricos.
O pobre robot traballou e traballou ata que, cinco anos máis tarde, morreu; deixándolles unhas ganancias inimaxinables ás fábricas e obrigado a traizoar os da súa seita.
Simón, Álvaro, Cristina e Ruth
Ningún comentario:
Publicar un comentario