martes, 10 de marzo de 2015

Amor de azucre

O amor semella de azucre.
De azucre semellan os sentimentos
e os corazóns.
De azucre os bicos
e as apertas.
As cartas,
os aloumiños,
o corazón,
as nubes,
as regalicias,
as lambetadas
son de azucre.
O amor dos dous
que ao amencer namora
semella
tamén
de azucre.
E nós namorándonos
neste curto instante
de azucre.

Yolanda e Estefanía (4º ESO)

Ningún comentario: