Amosando publicacións coa etiqueta poemas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poemas. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2015

Ata pronto, Taylor!

We know that you leave
but we'll also miss you
as the wind carrying leaves
you leave us you will feel like a gunshot.

You will always be in our hearts,
and now you say you want.
From any point on Earth,
our love for you is like desert sand.


Xa sabemos que ti te vas,
pero botarémoste de menos,
aínda que a nosa amizade estará
desde o fondo do mar ata o ceo.

Sempre estarás no noso corazón,
aínda que agora pártese cun raio,
ao verte marchar de Escairón
ata a outra punta de Ohio.

                         1º ESO

venres, 22 de maio de 2015

Para Lourdes




Lourdes, inda que hai moito tempo disto,
todos te recordamos con moitísimo amor.
Este colexio sempre vai ser o teu sitio,
decote vas ter un lugar en Escairón.

Todo o colexio te recorda con admiración,
como unha das mellores profesoras do mundo,
pois espertas en nós unha gran paixón;
causa en nós, a túa marcha, un pesar coma o chumbo.

Por iso nós agora querémosche dicir,
que es ti e só ti, quen pode estar
dentro de nós e vai existir 
un corazón que sempre te amará.

xoves, 30 de abril de 2015

Digo "pim pam pum"

Quim co trío Pim Pam Pum
Digo pim pam pum,
teño unha pistola.

Digo pim pam pum,
que dispara soa.

Digo pim pam pum,
teñoche un révolver
que dispara dobre.

Digo pim pam pum,
que dispara dobre,
que dispara dobre.

Digo pim pam pum,
mírame neniña,
pim pam pum,
que teño insulina.

Digo pim pam pum,
mirade mociñas,
que teño terriñas.

Digo pim pam pum,
mirade neniñas,
que teño ovelliñas.


Quim (4º ESO)

luns, 27 de abril de 2015

Unha nena bonitiña

Unha nena bonitiña
tiña unha boneca moi xeitosiña.
Bañábaa todos os días
e poñíalle diademas moi coloridos.

Polas noites a boneca
tiña moito mediño
e a fermosa nena
deitábaa ao seu ladiño.

Noa (3º Primaria)


["Diadema" é un substantivo masculino, como podes comprobar no DRAG, premendo AQUÍ.]

Unha nena e unha boneca

Unha nena simpática
tiña unha boneca
que era moi maniática
e ían xuntas á biblioteca.

A nena e a súa boneca

tamén saían pasear,
algunha vez ían á discoteca
para poder bailar.

Soraya (3º Primaria)

Un can e un gato

Un can e un gato
sentados nun banco
falando dun estanco.

Un can e un gato
fumando un puro...
e alá vai o banco!

Nevin (3º Primaria)


[Outro perigo do tabaquismo
para engadirlle á listaxe.]

xoves, 23 de abril de 2015

Amor revolto



Quizais sobraban as palabras

dun amor imposible

recollido en anaquiños,

formando enrugas no corazón,

na alma partida,

doída,

que rematou a súa vítima.

         Ángela e Laura (4º ESO)

Erros


Por moito que penses,

é o corazon quen sente.

Abre a mente. Bica, Alma.

Fuxe dos erros, ao oasis,

ao correcto.


Ánxela e Laura (4º ESO)

A muller na casa de pedra

Digo luz de arco iris


Digo luz de arco iris.
Apenas digo nada.
Digo azul e amarelo
tal e como o vexo no ceo.
Digo cores sen sentido,
Cores da agua tras a choiva,
e dos raios deste sol.
Rosa, vermello, laranxa,
verde das follas, clorofila.
Digo algo natural,
adorna o ceo, nubes, sol, estrelas,
lúa, paxaros
e vida no ceo.
Digo luz de arco iris.
Apenas digo nada.
Digo cor sen igual,
alegría para os ollos.
Digo azul, amarelo,
rosa, vermello,
laranxa, verde, morado, ceo,
agua, sol.
Digo luz de arco iris.
Apenas digo nada.
Digo tal e como o vexo no ceo, 
está xa dito todo
con estas palabras.
Para sacar sorrisos ao mundo,
luz de arco iris e basta.

Nerea (4º ESO)

Digo compañeiros e basta


Digo cariño de verdade.
Apenas digo nada.

Digo verdades e esperas
de vida compartida.

Digo nenos na infancia,
patio de esperanzas e futuro,
diversión de nenos e nenas.

Xogos, risas, inocencia,
fáciles de verdade, eternidade.

Digo mañás compartidas,
tardes de confesións, segredos, trasnadas, apertas,
estudos, deberes
e compañía en familia.
Digo familia compartida.

Apenas digo nada.
Digo familia escollida,
amigos de verdade.

Digo medrar, madurar,
cambios, diferenzas,
unión, discusións, consellos, recreos,
axudas e perdóns.
Digo familia que eliximos, compañeiros.

Apenas digo nada.
Digo compañeiros e está xa dito todo
cunha soa palabra.

Para recordarnos a verdadeira amizade,
digo compañeiros e basta.

Yolanda (4º ESO)

xoves, 16 de abril de 2015

A que sabe o amor, David?

A ventá sen vivenda.
A brisa do ceo.
A flor de amorodo.
A ceo azul.
A plátano de Canarias.
A vida nos planetas.
A cuarto luminoso.
A zume de Granini.
A canción de amor.
A cantiga sen letra.
A conto no faiado.
A can sen pelo.
A verde pradeira. 


David (2º ESO)

mércores, 15 de abril de 2015

A que sabe o amor, Adrián?

A cantigas sen compañía.
A paxaros do monte.
A amores do mundo.
A días de primavera.
A pombas brancas.
A chocolate de cunca.
A xogar nos parques.
A lugares solitarios.
A árbores de portada.
A días de sol.
A ponte no inverno.
A domingos sen traballar.
A noite sen día.
A hora pasada.


Adrián (2º ESO)

A miña mente

Como un libro en branco.
Como un pesadelo.
Como un graffiti.
Como un diamante en bruto.
Como un arco da vella.
Así son eu,
a nena aloucada
que ri de nada,
que chora de noite
e se levanta cun sorriso,
que pon todo patas arriba
como un tornado,
como unha bomba de reloxería
que pode estoupar 
en calquera momento.


Sharleny (2º ESO)

A que sabe o amor, Ana?


A vida sen luz.
A sol do sur.
A arco iris do planeta.
A lúa de noite.
A azucre saboroso.
A felicidade nos sentimentos.
A tempo perdido.
A domingo de descanso.
A sábado de feira.
A día no paraíso.
A domingo sen tarefas.
A arroz sen sal.
A horas pasadas.

                Ana Mª (2º ESO)

Fermosa

Como a estrutura dun pavón.
Como o abrente dun bo día.
Como flores.
Como nubes.
Así eu,
que fuxo das imperfeccións,
a nena colorida
que derrubo
as paredes con coitelos
para aterrar
esas persoas
que tiran
da miña cara,
como unha bolboreta
do fondo
do arco da vella.

Ruth (2º ESO)

Gandeira

Como a pelamia dun carneiro.
Como o día no pasteiro.
Como o sol na sombra.
Como herba seca.
Como bosta.
Así ela,
a que busca os cabalos,
a rapaza tola
que amarra
os becerros coa corda
para cargalos
ese carniceiro
que conduce
desde a corte
como un tolo
ata o matadoiro.


David (2º ESO)

A que sabe o amor, Cristina?

A ventá sen cristaleira.
A friaxe do sur.
A amargor de limón.
A noite de estrelas.
A vaso de laranxada.
A leña no lume.
A día escuro.
A ruído de mar.
A planetas no ceo.
A espiñas no corazón.
A sábados na casa.
A noite sen amencer.
A asteroides sen luz.


                             Cristina (2º ESO)