Amosando publicacións coa etiqueta 3º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º ESO. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de maio de 2015

Somnámbula


Unha desas frases que circulan polas redes, transformada en fotopoema por Ángela (3º ESO)

xoves, 30 de abril de 2015

A Az


Noemi (4º ESO) envíanos esta fotografía do letreiro do lugar da Az, situado na parroquia de Ousende (O Saviñao). 

Neste caso, os autores do sinal indicador optaron por reproduciren a forma máis próxima á oralidade, que tende a inserir un fonema epentético entre dúas vogais idénticas para facilitar a pronuncia. É o mesmo fenómeno que encontramos en exemplos como "a ialma, a iauga..." No caso deste topónimo, mesmo chega a perderse a noción de estar composto de artigo máis nome e intégrase o primeiro no segundo, como se fose unha soa palabra.

Podes consultar a páxina de referencia do nomenclátor AQUÍ.

martes, 17 de marzo de 2015

En min

Tarde te encontrei
cando o universo foi todo meu.
Cando buscaba un porqué,
tarde te encontrei.
Eu xa te busquei
no final dos océanos e prados.
Cando por fin te encontrei,
eu xa te esquecera.

Eu xa te esquecera
cando todo o que quedaba era escuro.
Cando tu buscabas outro amor,
eu xa te esquecera.

Nunca,
dende enriba do ceo,
tu me buscabas.

                             Noemi e Paula (3ºESO)

Os meus soños de nubes

O ceo é de nubes.
De nubes son os soños
e os sentimentos.
De nubes o mar
e as follas.
O fogar,
a noite,
o día,
o amor,
son de nubes.
Os ríos galegos
que lonxe marchan,
de nubes tamén
estan feitos.

I eu, mirando
coma unha parva
para as nubes.



Ángela e Iria (3ºESO)

mércores, 11 de marzo de 2015

Detrás daquel coto...


Detrás daquel coto
hai un boi xoto
e non hai home nado
nin por nacer
que na súa corte
o poida meter.


Avatar creado por Ángela(3ºESO)


martes, 10 de marzo de 2015

Dous bois brancos



Dous bois brancos
nunha corte de ferro metidos.



Avatar creado por Ángela (3ºESO)

Iria e Paula son Rosalía


3º ESO

Que cousa ten o muíño...?


Que cousa ten o muíño
precisa e non necesaria?
Non pode moer sen ela
e non lle serve de nada.

Avatar creado por Ángela (3ºESO)


Ángela e Carlos son Rosalía


3ºESO

Paula e Natalia son Rosalía


3ºESO

Un pratiño de noces

Un pratiño de noces
que pola noite se espallan
e polo día
se esconden.



Avatar creado con Voki por Ángela (3ºESO)

Nome de cidade teño


Nome de cidade teño
e a todo o que froto
algo lle desprendo.

Paula L. e Noemí (3ºESO)