domingo, 21 de xuño de 2015

Vacairón na Estrada

De paseo con Pichel pola Estrada, isto foi o que vin:


Preme sobre a imaxe para visualizar o libriño en pantalla completa

sábado, 20 de xuño de 2015

Adiviña con enxeño polisémico

As irmanciñas seguen traballando, malia o cansazo acumulado ao longo do curso. Parabéns! Quen non se rende, dorme satisfeit@.


mércores, 17 de xuño de 2015

Comando PuntoGalego en París


Regresou con éxito o Comando PuntoGalego enviado a París nos últimos días coa misión de liberar cinco libros na capital gala.

Tras un pequeno incidente no aeroporto, no transcurso do cal un dos membros do comando foi obrigado a amosar o contido da súa maleta, os exemplares de literatura galega puideron finalmente ser postos en liberdade en diferentes puntos da metrópole que non podemos revelar.

Os integrantes do grupo deberon empregar a súa astucia para pasaren inadvertidos, camuflándose entre os turistas, como aconteceu nos arredores da Torre Eiffel, onde se deixaron fotografar xunta uns mestres xubilados de Navia de Suarna para non levantaren sospeitas.

Unha vez máis, Vacairón triunfa na misión!

luns, 15 de xuño de 2015

domingo, 14 de xuño de 2015

O rato da casa e o rato do monte

Dos contos populares sempre aprendemos algo. Neste caso, que tras as cousas demasiado fáciles adoita haber gato encerrado (nunca mellor dito).

venres, 12 de xuño de 2015

999!

E punto.



Un traballo de Gabriel, Miguel, Adrián, Ángela e Raúl (4º ESO)


O punto está de moda


Por fin chegou o suadoiro para a deseñadora do noso logotipo, e así lucía esta mañá con el.
Unha prenda ao xeito para cando refresca (10º C en Escairón ás 10 da mañá). 
A que lle di moi ben?


[Aínda que o DRAG recolle o vocábulo "suadoiro" unicamente para denominar a 'manta que se lle pon ás cabalarías debaixo da sela', o Gran Dicionario Xerais contempla outras dúas acepcións: 'pano para limpar a suor' e 'peza de roupa deportiva  con forma de xersei'].

mércores, 10 de xuño de 2015

Vacairón en Abuime

A pasada fin de semana, Vacairón visitou a parroquia de San Xoán de Abuime, convidada por Fátima, quen nos enviou algunhas fotografías das aventuras da vaquiña explorando o lugar: na cima dun bocoi, agatuñando polo dolmen ou asomada temerariamente á solaina dunha casa vella.


E velaquí vos vai unha pregunta morfolóxica relacionada coa imaxe central da fotomontaxe: 

Cal é o plural da palabra "dolmen"?

Se es a primeira persoa en enviar a resposta correcta: PREMIO!

luns, 8 de xuño de 2015

Todo o que vén na rede é peixe


Así de estupendo quedou o traballo de Ángel, Brais, Fran e Manuel (1º ESO) cos hipónimos do hiperónimo 'peixe'. Primeiro investigaron en Internet na procura de información e logo debuxaron e pintaron sobre a cartolina os animaliños que eles mesmos escolleron. Parabéns, mozos!

domingo, 7 de xuño de 2015

Vacairón en Ourense

[Para leres ben os textos, preme sobre a icona de lectura a pantalla completa.]

Se queres converter os teus traballos con extensión .pdf en libriños coma este, non tes máis que rexistrarte en Calaméo.
É fácil, fácil.

Vacairón en Avifauna

Esta semana, a vaquiña acompañou o alumnado de Infantil ata Outeiro de Rei, para visitar o centro de interpretación ornitolóxica Avifauna. Alí puido coñecer en vivo algunhas aves moi interesantes; como o pavón branco, o casuario ou a pita do monte.
Se queredes coñecer polo miúdo canto aprendeu a rapazada nesta excursión, non esquezades ler o boletín do mes de xuño do "cole", que publicará unha reportaxe completiña da visita ao parque.

venres, 5 de xuño de 2015

Ata pronto, Taylor!

We know that you leave
but we'll also miss you
as the wind carrying leaves
you leave us you will feel like a gunshot.

You will always be in our hearts,
and now you say you want.
From any point on Earth,
our love for you is like desert sand.


Xa sabemos que ti te vas,
pero botarémoste de menos,
aínda que a nosa amizade estará
desde o fondo do mar ata o ceo.

Sempre estarás no noso corazón,
aínda que agora pártese cun raio,
ao verte marchar de Escairón
ata a outra punta de Ohio.

                         1º ESO

mércores, 3 de xuño de 2015

Vacairón en Vilelos


Carla levou a Vacairón ata a parroquia de San Martiño de Vilelos. 
E aquí vos vai a proposta relacionada con esta entrada: quen será a primeira persoa en enviarnos os nomes de todos os lugares de tal parroquia do Saviñao?
Xa sabedes onde encontrar a resposta: no nomenclátor da Xunta de Galicia.

PuntoGalego e YouTube: 1ª cita

Pois, si. Onte tivo lugar a primeira cita entre o noso blog e a canle de vídeos máis coñecida. 
E, como adoita acontecer nos primeiros encontros, non todo foi perfecto... Houbo nervios, erros... e ao remate, PuntoGalego deu en matinar: por que fixen isto así e non asá?, pero que zoupón fun en tal momento... 
Aínda así, eu penso que volverán quedar e que a cousa sairá mellor.
Será este o comezo dun grande idilio?

Seredes testemuñas oculares e auditivas deste primeiro achegamento, se premedes no seguinte enlace. E lembrade: se credes que este romance ten futuro, dádelle ao polgar para arriba;)

luns, 1 de xuño de 2015

Vacairón toma partido


Vacairón apoia os equipos galegos (nomeadamente, o deporte de base; e o xogo máis que a competición), sen esquecer a denuncia das malfeitorías da FIFA e demais corruptelas do espectáculo futbolístico.