Amosando publicacións coa etiqueta Vacairón polo mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vacairón polo mundo. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de xuño de 2015

Vacairón na Estrada

De paseo con Pichel pola Estrada, isto foi o que vin:


Preme sobre a imaxe para visualizar o libriño en pantalla completa

xoves, 18 de xuño de 2015

mércores, 17 de xuño de 2015

Comando PuntoGalego en París


Regresou con éxito o Comando PuntoGalego enviado a París nos últimos días coa misión de liberar cinco libros na capital gala.

Tras un pequeno incidente no aeroporto, no transcurso do cal un dos membros do comando foi obrigado a amosar o contido da súa maleta, os exemplares de literatura galega puideron finalmente ser postos en liberdade en diferentes puntos da metrópole que non podemos revelar.

Os integrantes do grupo deberon empregar a súa astucia para pasaren inadvertidos, camuflándose entre os turistas, como aconteceu nos arredores da Torre Eiffel, onde se deixaron fotografar xunta uns mestres xubilados de Navia de Suarna para non levantaren sospeitas.

Unha vez máis, Vacairón triunfa na misión!

mércores, 10 de xuño de 2015

Vacairón en Abuime

A pasada fin de semana, Vacairón visitou a parroquia de San Xoán de Abuime, convidada por Fátima, quen nos enviou algunhas fotografías das aventuras da vaquiña explorando o lugar: na cima dun bocoi, agatuñando polo dolmen ou asomada temerariamente á solaina dunha casa vella.


E velaquí vos vai unha pregunta morfolóxica relacionada coa imaxe central da fotomontaxe: 

Cal é o plural da palabra "dolmen"?

Se es a primeira persoa en enviar a resposta correcta: PREMIO!

domingo, 7 de xuño de 2015

Vacairón en Ourense

[Para leres ben os textos, preme sobre a icona de lectura a pantalla completa.]

Se queres converter os teus traballos con extensión .pdf en libriños coma este, non tes máis que rexistrarte en Calaméo.
É fácil, fácil.

mércores, 3 de xuño de 2015

Vacairón en Vilelos


Carla levou a Vacairón ata a parroquia de San Martiño de Vilelos. 
E aquí vos vai a proposta relacionada con esta entrada: quen será a primeira persoa en enviarnos os nomes de todos os lugares de tal parroquia do Saviñao?
Xa sabedes onde encontrar a resposta: no nomenclátor da Xunta de Galicia.

luns, 1 de xuño de 2015

Vacairón toma partido


Vacairón apoia os equipos galegos (nomeadamente, o deporte de base; e o xogo máis que a competición), sen esquecer a denuncia das malfeitorías da FIFA e demais corruptelas do espectáculo futbolístico.

domingo, 31 de maio de 2015

Vacairón en Lugo

A cidade bimilenaria
visitei esta semana,
percorrín a súa muralla
como unha antiga romana.
Non gocei dun baño relaxante
por mor do cristal de diante,
mais contemplei a catedral:
monumento sen igual.
Continúo as miñas viaxes
polas vilas e as paisaxes;
camiño o mundo sen temor
porque eu son... 

VACAIRÓOOON!

sábado, 30 de maio de 2015

Vacairón na competición

Onde dirías que estivo este venres a vaquiña de PuntoGalego?

E aquí vai o inquérito de hoxe:
Envíanos un comentario explicando de onde procede a palabra "derby" (non rexistrada no DRAG, pero si no Gran Dicionario Xerais da Lingua) e se a túa resposta é completiña, recibirás un pequeno xoguete tradicional.

xoves, 28 de maio de 2015

Vacairón na Pobra do Brollón



Trasantonte Vacairón,
coa "profe" Luisa marchou.
Paseouna por todo Eixón,
que está na Pobra do Brollón.

Viu igrexas e letreiros,
muíños e castiñeiros;
mais non se puido resistir...
e ao sinal colocoulle o til.

Moi ben feito, Vacairón:
ao incorrecto, dille "NON"!

luns, 25 de maio de 2015

Vacairón en Vilamor


Onte Vacairón escolleu os pastos dun lugar cun topónimo ben fermoso; e aproveitando tal circunstancia, propoñémosvos unha nova investigación con premio para quen responda correctamente e en primeiro lugar: 

CAL É O NOME COMPLETO DA PARROQUIA Á QUE PERTENCE VILAMOR? 

[Queda excluído expresamente do concurso o autor da fotografía e parroquiano do lugar, Iker].

Animádevos a consultar o nomenclátor. Yolanda (4º ESO) xa recibiu o seu agasalliño tras dar coa resposta certa á anterior pregunta proposta desde PuntoGalego.

xoves, 21 de maio de 2015

Vacairón en Pantón

Antonte Vacairón marchou de paseo con Ángela para coñecer algúns lugares da contorna. Como unha turista máis, deixou constancia do seu paso polas aldeas e parroquias fotografándose xunta os letreiros. 
Podes consultar o nomenclátor da Xunta de Galicia AQUÍ, para localizar o erro ortográfico que se agocha nun dos sinais. Mándanos a túa resposta como comentario e talvez recibas un premio de PuntoGalego.