sábado, 30 de maio de 2015

Vacairón na competición

Onde dirías que estivo este venres a vaquiña de PuntoGalego?

E aquí vai o inquérito de hoxe:
Envíanos un comentario explicando de onde procede a palabra "derby" (non rexistrada no DRAG, pero si no Gran Dicionario Xerais da Lingua) e se a túa resposta é completiña, recibirás un pequeno xoguete tradicional.

4 comentarios:

Unknown dixo...

Derby é unha acepción inglesa utilizada no linguaxe deportiva. Provén das carreiras de cabalos, polo famoso Lord Derby,que comprara unha finca cerca do hipódromo de Epson, e en 1779 organizou unha carreira deste tipo. Utilízase para designar enfrentamentos entre rivais da mesma cidade.

Unknown dixo...

O contido, perfecto. Se agora encontras os dous erros que cometiches ao escribires, o premio é teu! Ademais, dareiche a escoller entre o xoguete tradicional e outro obxecto especialmente personalizado para ti.

Unknown dixo...

Os erros son: 'no linguaxe', sería 'na linguaxe'; e 'finca', sería 'terreo'.

Unknown dixo...

Moi ben. E aínda queda outro máis: a forma correcta non é enfrentamentos*, senón 'enfrontamentos'. A palabra 'finca' tamén se me pasara a min (glup!).
Mañá podes reclamar o teu agasalliño.