Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán de Abuime. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán de Abuime. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2015

Vacairón en Abuime

A pasada fin de semana, Vacairón visitou a parroquia de San Xoán de Abuime, convidada por Fátima, quen nos enviou algunhas fotografías das aventuras da vaquiña explorando o lugar: na cima dun bocoi, agatuñando polo dolmen ou asomada temerariamente á solaina dunha casa vella.


E velaquí vos vai unha pregunta morfolóxica relacionada coa imaxe central da fotomontaxe: 

Cal é o plural da palabra "dolmen"?

Se es a primeira persoa en enviar a resposta correcta: PREMIO!