Como un pesadelo.
Como un graffiti.
Como un diamante en bruto.
Como un arco da vella.
Así son eu,
a nena aloucada
que ri de nada,
que chora de noite
e se levanta cun sorriso,
que pon todo patas arriba
como un tornado,
como unha bomba de reloxería
que pode estoupar
en calquera momento.
Sharleny (2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario