Sara Pérez López
Un deseño moi xeitoso e enxebre, cun animaliño que nos identifica como pobo pacífico e produtivo, que vive e deixa vivir; amante da natureza e orgulloso da aldea (ese lugar onde non se entende o anonimato e onde se fala coa xente).
Unha vaquiña sorrinte e feliz, a abanear o rabo para espantar as moscas que a queren distraer do importante; e cos seus cornos moi ben postos, por se acaso.
Unha vaca rechonchiña co seu puntiño (ou máis), lucindo topete louro para marcar estilo.
Que vaca tan moderna!
Ningún comentario:
Publicar un comentario