A nosa vaquiña (deseñada pola alumna Sara Pérez López) cobrou volume por obra e graza das mans habelenciosas da mestra de Educación Infantil, Ana Martínez (que xeitosiña nos é); así que agora que escapou da rixidez das dúas dimensións xa pode saír pastar no patio. (Onte saíu merendar e comentou que a herba estaba moi boa, no seu punto óptimo de humidade e sabor).
Pero ao noso animal fáltalle unha cousa: o nome.
Vai pensando cal lle acaería, porque pronto a inscribiremos no rexistro de vacas fantásticas co nome que escollamos entre tod@s. Dálle ao caletre na procura dun nome galego que a identifique coas peculiaridades do noso centro e do noso lugar no mundo.
A nosa vaca, fotografada onte no patio do CPI Dr. López Suárez, á hora da merenda |
Ningún comentario:
Publicar un comentario