Pablo está que bota chispas, e non me estraña. Como conseguiremos que o alumnado non cometa erros ortográficos, se ata os rótulos dun concello ou dun centro escolar están mal escritos?
A forma correcta, como prescriben as Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega na páxina 86, sería: Concello do Saviñao. Aplicando a mesma norma, escribiremos "da Coruña", "na Guarda" ou "polo Rosal".
En canto ao til, recordemos unha vez máis que o uso das maiúsculas non exime da obriga de colocalo cando lle corresponda. (Que difícil é acabar coas lendas urbanas, meu Deus!).
En canto ao til, recordemos unha vez máis que o uso das maiúsculas non exime da obriga de colocalo cando lle corresponda. (Que difícil é acabar coas lendas urbanas, meu Deus!).
[No enlace subliñado arriba, podes descargar de balde o pdf publicado pola RAG.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario