martes, 10 de marzo de 2015

Se tes un punto...

... galego, aínda que sexa pequeno (apenas un puntiño, coma quen di), queremos que nos leas e nos escribas. Se o que tes é un puntazo galego grande coma un mundo, daquela este é o teu sitio: o blogalego do CPI Dr. López Suárez do Saviñao. 

O que vas atopar aquí non é unha aula virtual para preparar a materia de Lingua e literatura, senón as creacións do alumnado. Este blog nace como un medio de comunicación no que os emisores principais da información serán os alumnos e as alumnas do centro. Eles e elas propuxeron e escolleron o nome do blog e están traballando no deseño do seu logotipo. O material subido á rede será, maioritariamente, froito das súas cabeciñas.

Convidámoste, pois, a participar activamente neste PuntoGalego: comentando os traballos, enviando obras ou propoñendo ideas.

Anímate!

Ningún comentario: