O
gatopán é grande, con corpo de pan. Ten dúas patas de gato e pode
andar de gatas ou como unha persoa. O gatopán pode camuflarse,
cambiando de cor dependendo de onde estea. Pode vivir cen anos, dependendo da saúde e do gordo que estea.
Vive
entre as panaderías de Currelos, Escairón e Monforte. Vive alí
porque o seu alimento preferido é o pan. Cólleo sen que ninguén se
decate. Tamén anda polas casas roubando comida.
A
súa afección favorita é encordiar os nenos pequenos coa súa voz
tan aguda e molesta. Cando
se anoxa, ponse de cor vermella e deixa sen pan aos veciños. En
cambio, cando está de bon humor, colle o pan e dállelo aos máis
desfavorecidos.
Andreea
e Raquel (1º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario