A
vaquenlla é un animal grande. Ten moitas manchas de cor negra polo
corpo. A súa cabeza é de boi e o seu corpo, de quenlla. Mide 5 m e pesa 10.000 kg. É un animal vivíparo que non acostuma
separarse da súa familia.
As
vaquenllas viven no océano Atlántico, en augas moi frías, preto
dos icebergs. Aliméntanse de coral e de peixes como o salmón, que
pescan en manda. Ás veces saen á superficie.
Viven
uns setenta anos, se non padecen ningunha enfermidade. Para
reproducírense, sepáranse da manda coa súa parella durante uns
meses e achéganse a un iceberg. Teñen, aproximadamente, trinta
fillos.
O
seu carácter é forte e teñen moito xenio. Adoitan ser moi malas e
enfurecerse facilmente.
Nunha
ocasión, unha manda destes animais ía polos mares de Escocia e
atopouse co Titanic. Seis dos meirandes atacaron o barco e fixéronlle
seis fendas que o afundiron. No momento no que os pasaxeiros caeron á
auga, escornáronos e matáronos.
Kevin
e Alicia (1º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario