O burrofante é un animal grande e gordo, con corpo de burro e trompa de elefante. Vive nos Montes Galaicos e come mangas.
A lenda conta que, á media noite, o burrofante entra nos dormitorios dos nenos menores de oito anos e maiores de dous, estende uns pos polo cuarto e fai que os nenos teñan o peor pesadelo.
Para que o burrofante non poida entrar na casa onde hai meniños desas idades, hai que colocar unha boneca de porcelana na porta. Isto asustará o burrofante.
Naiara e Idalia (1ºESO)
[A palabra "habitación" non designa o cuarto da casa destinado a durmir.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario