É un ser mutante cunha carapucha rota. Ten uns cornos protuberantes que lle saen polas orellas. As partes da cara non se distinguen moi ben, pero véselle un só ollo e mais dous cairos de vampiro. Non ten man dereita e na esquerda ten tres dedos. Nun deles ten unha uña moi grande coa que mata os seus inimigos. A súa pel é de cor azul. Na parte inferior do corpo ten unha cola en forma de lanza. Leva os pés descalzos e ten tres dedos en cada pé. Viste un traxe de campesiño moi desgastado.
Orixe
Orixe
Antes era un labrego do Tibet. O rei do seu poboado trataba mal a xente. Un día, o rei quitoulle a casa e despois, conxelouse mentres durmía. Conseguíu liberarse polos pelos, pero perdeu unha man intentando saír. Emigrou ata Galicia e polo camiño entrou nunha fábrica de cosmética abandonada. Caeu nunha cuba de residuos radiactivos e por iso mutou. O seu deber é defender os galegos dos malfeitores para que non sufran como sufriu el.
Carácter
Ten un carácter defensivo e vingativo. Cando o enfadan, sacia a súa sede de sangue asasinando os que o incomodaron.
Lugar onde vive
Vive nunha cova na cima do Piapaxaro, desde a que pode observar toda a provincia de Lugo. O clima é parecido ao do Tibet e por iso vive alí.
Habilidades e poderes
É moi veloz, fai parkour, paraliza coa mirada e a súa unlla máis longa corta coma un coitelo.
David e Daniel (1ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario