Un día, nunha tardiña de verán, un neno estaba a traballar na horta da casa. Xa estaba no último rego e cos folgos acabados, cando levantou unha cenoria especial, que tiiña cinco cornos e un gran tamaño. Foi correndo a dicirllo á súa nai. Ao chegar á casa, a cenoria esvaroulle das mans e partíuselle un corno.
Dese corno saíulle un xenio. Cando este se presentou, deulle as grazas por axudalo a saír da cenoria, porque levaba mil anos encerrado. O xenio díxolle que por cada corno que se rompese, podería pedir un desexo; e que, como xa rompera un, esgotábaselle o tempo para pedilo. O neno falouno coa nai e pediu o seguinte:
- Quero que o meu pai se poña ben.
Rompeu outro corno e dixo:
- Quero ter unha morea de cartos para sacar a miña familia da pobreza.
Xa só lle quedaban tres desexos, e díxolle o xenio:
- Aprovéitaos ben.
Para o seu pracer, rompeu outro corno e pediulle unha noiva. Neste caso, como o rapaz só pensou en si mesmo, o xenio tróuxolle unha moza moi fea, e o neno enfadouse tanto que pediu un novo desexo: que a rapaza desaparecese.
Como o neno tivera tanta avaricia, o xenio decidiu convertelo en pedra. A nai foille suplicando ao xenio para que lle dese de novo a vida, pero este contestoulle que unha vez que se cumpría un desexo, era irreversible. A nai propúxolle un trato:
- Xa que levas moitos anos encerrado e non tes un sitio onde vivir, podes quedar na nosa casa; pero, a cambio, terás que devolverlle a vida ao meu fillo.
O xenio aceptou e viviron todos xuntos na casa durante moito tempo. Cando os pais do neno morreron, a familia non desapareceu. O xenio viviu durante xeracións con ela, pero sen poder concederlle desexos. Tempo despois, a casa arruinouse e o xenio tivo que que abandonala. Decidiu viaxar el só polo mundo.
Víctor, Alejandro R., Iván e Álex (2ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario