A monxa máis nova tiña trinta e dous anos, chamábase Andrea López Guzmán e dedicábase a facer pulseiras para vendelas na feira.
A segunda máis nova tiña trinta e cinco anos, chamábase Marta Carrasco Cancelas e dedicábase a facer xabón artesán no soto do convento.
A terceira máis nova chamábase Carla Arca Mariño, tiña trinta e oito anos e dedicábase a facer tortas na cociña do convento.
A cuarta máis nova era Luísa Castro Casanova, de corenta e dous anos; e dedicábase a atender a horta do convento.
A maior era Cristina Salgado Caravel, de cincuenta e sete anos; e dedicábase a limpar o convento.
O día 8 de xaneiro celebrouse a festa de Maceda. Cando as cinco monxas viñan da farmacia de comprar medicamentos, sobre as sete da tarde, viron arder o convento. Entraron as cinco e tentaron apagar o lume, pero por culpa do fume intoxicáronse e morreron todas. Horas despois, viñeron os bombeiros e apagaron o lume. Atoparon alí os cinco cadáveres calcinados. Veu a policía e investigou por que ardera o convento. Descubriuse que fora por culpa dun foguete que tiraran na festa de Maceda.
Dous anos máis tarde do fatal incendio, tres curas reconstruíron o convento grazas a unha subvención da Xunta de Galicia. Cando estaba rematado, habitárono os tres curas:
O cura máis novo era don Pepe, de sesenta e un anos.
O segundo máis novo era don Diego, de sesenta e tres anos.
O cura máis vello era don David, de setenta e tres anos.
Os curas daban a misa todos os domingos ás dez da mañá na igrexa do convento.
O día 9 de outubro morreu don Pepe, aos sesenta e un anos, por culpa dun derrame cerebral. Anos despois morreron os dous curas que quedaban, por culpa dun accidente de estrada, cerca de Cospeito. O convento quedou deshabitado para sempre porque a xente tiña medo de que fose un convento encantado. Co paso do tempo, o convento foi caendo pouco a pouco e trinta e dous anos despois só quedaban algunhas paredes.
Diego e Anthony (2ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario