martes, 10 de marzo de 2015

Desastroso día de guerra

O ceo é de cor vermella,
de sangue son os campos
e os outeiros.
Os corpos,
as armas,
os tanques,
os avións,
os inocentes
son de papel.
A vontade dos soldados
que ao lonxe escapan,
feitos están
tamén
de papel.
E eu desesperado
neste desastroso día
de guerra.



Raúl e Iván (4ºESO)

Ningún comentario: