O
tritopardo é un anfibionífero vivíparo da familia dos felinuros.
Ten respiración pulmonar e pode vivir na auga ou na terra. O seu
hábitat é a tundra. Aliméntase principalmente de carne e a súa
lonxevidade rolda os sesenta anos. O seu período de xestación é
duns seis meses.
Aspecto
físico
Mide
1,5m de altura e 2m de lonxitude. Pesa 50 kg. A súa cabeza é
pequena e redonda. Ten unhas orellas moi cativas e unha lingua de
1,5m de longo. Ten nariz felino, ollos saltóns e unha gran boca con
cairos afiados. Ten fortes patas, que lle serven para correr e nadar.
Ten pés palmípedes e nos dedos traseiros, unhas fortes uñas. No
lombo ten manchas de cor negra e unha crista que lle percorre o
lombo. Ten unha cola plana que lle axuda a nadar.
Reprodución
Emparéllase
na primavera e as súas crías nacen no outono, no pantano, onde se
crían ata os cinco anos. Reprodúcense como os mamíferos.
Alimentación
Aliméntase
principalmente de ranafantes e libeluquitos. En caso de escaseza,
tamén pode alimentarse de animais máis pequenos.
Capacidades
Pode
correr a 120 km/h e nadra a 60 km/h. Pode saltar ata 2m de altura e 3
m de lonxitude.
Carácter
Ten
un carácter tranquilo, pero se o provocan, pode volverse moi
agresivo, sobre todo cando protexe as crías. Acostuma agocharse das
persoas e só en caso de crise as ten atacado. Tenlle medo aos
felinos de maior tamaño, como é o caso do tigre.
Anécdota
Un
día chuvioso de verán, dous exploradores foron atacados por esta
fera. Só un sobreviviu e o outro foi comida de tritopardo. Despois
de analizar o caso, os científicos decatáronse de que tiña crías
agochadas nun mato.
Brais
e David (1º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario