SIMPLEMENTE, FAINO |
Había unha vez un raparigo que vivía nunha cidade do Terceiro Mundo. O rapaz chamábase Kalou e viviá cos seus pais e o seu can Emaná nunha chabola. Kalou traballaba nunha fábrica de Nike. Aínda que era menor de idade, un grupo de homes escravizábao e obrigábao a traballar día tras día sen descanso. Kalou estaba moi delgado, porque non lle daban diñeiro suficiente para comprar comida.
Un día de 1999, pola mañá, cando ía traballar, encontrou unha carteira de coiro. Colleuna e abriuna. Levou unha sorpresa ao ver que estaba repleta de billetes. Kalou púxose moi contento e decidiu axudar a súa familia, que estaba na ruína. Tamén decidiu non traballar máis en Nike. Así que falou co xefe e díxollo. Ao xefe estrañoulle e preguntoulle por que. El contestoulle que agora tiña moito diñeiro; e foise. Antes de marchar, decidiu facer unha trasnada e mexou na parede da fábrica, acompañado do seu can Emaná. Marchou moi feliz pola rúa adiante para contarllo á familia.
Adrián e Sabela (2ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario