De algodón son as nubes
e os paxaros.
De algodón o vento
e as bolboretas.
As árbores,
as casas,
os camiños,
o aire,
as persoas
son de algodón.
A alma
das persoas
que de cerca senten,
baleiras son
tamén
de algodón.
E nós vivindo
nesta fermosa alborada
de algodón.
Laura e Carla (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario