Cando Amanda Walker está no cemiterio, dorme por riba da lápida do seu marido, que morreu de cancro. Cando hai alguén para enterrar, faino ela, xa que lle gusta estar cos corpos inertes.
Cando está na casa, reza todo o tempo e, ao dormir, soña coa voda que tivo. Os días festivos intenta suicidarse para volver co seu home; pero como é inmortal, non pode e chora decote.
O día da celebración dos mortos, lévalle un crucifixo ao seu defunto esposo para demostrarlle o seu afecto.
Dise dela que é o terror do camposanto de Vilaesteva. Por iso, desde hai tempo, ninguén pasa por alí. Todos lle teñen medo; só van os da funeraria que lle levan os cadáveres.
Raquel e Alicia (1ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario