A pasada fin de semana, Vacairón visitou a parroquia de San Xoán de Abuime, convidada por Fátima, quen nos enviou algunhas fotografías das aventuras da vaquiña explorando o lugar: na cima dun bocoi, agatuñando polo dolmen ou asomada temerariamente á solaina dunha casa vella.
E velaquí vos vai unha pregunta morfolóxica relacionada coa imaxe central da fotomontaxe:
Cal é o plural da palabra "dolmen"?
Se es a primeira persoa en enviar a resposta correcta: PREMIO!
5 comentarios:
O plural é dolmens.
Yolanda Nohuerol.
DOLMES
DOLMENS
Valeria: Dólmenes
A primeira persoa en responder correctamente foi Yolanda: a resposta é "dolmens". O luns, pasa a reclamar o teu premio sen falta. Parabéns.
Publicar un comentario