Aquí vai unha pregunta que debes investigar: a palabra 'cuco', ademais de ser o substantivo que designa a ave da imaxe e mais un adxectivo para referírmonos ás persoas astutas...
QUE OUTRO SIGNIFICADO TEN?
Envíanos a túa resposta como comentario, e se es a primeira persoa en responder adecuadamente, obterás un premio. Lembra que podes consultar o DRAG (Dicionario da Lingua Galega) en liña e de balde, sen rexistros nin historias.
7 comentarios:
Que é moi pillaban.
Miriam (4º Educación Primaria)
Que é moi bonitiño.
Candela (4º Educación Primaria)
Que é moi bonitiño.
Candela (4º Educación Primaria).
Clase de 4º Educación Primaria
O cuco cuco cuqueiro
cucou, cucou, cucou
e os oviños dos niños
tirou, tirou, tirou.
Volvede ler a pregunta completa: buscamos un substantivo que se refire a outra cousa distinta. Podedes consultar o DRAG (Dicionario da Lingua Galega) desde os vosos ordenadores. Ánimo, que aínda podedes levar o premio!
É un molusco que vive pegado ás rochas? Iker González, 4º ESO.
Moi ben, Iker.
Así o recolle o DRAG na súa 2º acepción, que podedes comprobar neste enlace:
http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1465873#
Publicar un comentario