mércores, 17 de xuño de 2015

Comando PuntoGalego en París


Regresou con éxito o Comando PuntoGalego enviado a París nos últimos días coa misión de liberar cinco libros na capital gala.

Tras un pequeno incidente no aeroporto, no transcurso do cal un dos membros do comando foi obrigado a amosar o contido da súa maleta, os exemplares de literatura galega puideron finalmente ser postos en liberdade en diferentes puntos da metrópole que non podemos revelar.

Os integrantes do grupo deberon empregar a súa astucia para pasaren inadvertidos, camuflándose entre os turistas, como aconteceu nos arredores da Torre Eiffel, onde se deixaron fotografar xunta uns mestres xubilados de Navia de Suarna para non levantaren sospeitas.

Unha vez máis, Vacairón triunfa na misión!

luns, 15 de xuño de 2015

domingo, 14 de xuño de 2015

O rato da casa e o rato do monte

Dos contos populares sempre aprendemos algo. Neste caso, que tras as cousas demasiado fáciles adoita haber gato encerrado (nunca mellor dito).

venres, 12 de xuño de 2015

999!

E punto.



Un traballo de Gabriel, Miguel, Adrián, Ángela e Raúl (4º ESO)


O punto está de moda


Por fin chegou o suadoiro para a deseñadora do noso logotipo, e así lucía esta mañá con el.
Unha prenda ao xeito para cando refresca (10º C en Escairón ás 10 da mañá). 
A que lle di moi ben?


[Aínda que o DRAG recolle o vocábulo "suadoiro" unicamente para denominar a 'manta que se lle pon ás cabalarías debaixo da sela', o Gran Dicionario Xerais contempla outras dúas acepcións: 'pano para limpar a suor' e 'peza de roupa deportiva  con forma de xersei'].

mércores, 10 de xuño de 2015

Vacairón en Abuime

A pasada fin de semana, Vacairón visitou a parroquia de San Xoán de Abuime, convidada por Fátima, quen nos enviou algunhas fotografías das aventuras da vaquiña explorando o lugar: na cima dun bocoi, agatuñando polo dolmen ou asomada temerariamente á solaina dunha casa vella.


E velaquí vos vai unha pregunta morfolóxica relacionada coa imaxe central da fotomontaxe: 

Cal é o plural da palabra "dolmen"?

Se es a primeira persoa en enviar a resposta correcta: PREMIO!