Amosando publicacións coa etiqueta Neva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Neva. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2015

Neva

Neva nos pétalos das rosas
con galapos pequenos.
Rico o que ten rosas,
pobre do que as ten secas.

Neva moito, neva pequeno.
Neva lonxe no día de hoxe.
hai neve nos soutos
e xeo nos montes.

Melga branca, brillante,
que no río se derrete.
Vese todo branco,
só o ceo se ve negro.

Monte verde, rosas vermellas,
nin un pío se escoita
no salgueiro das vodas
no que casan cinco persoas.

Na lareira da cociña
hai unha xoaniña
que se fixo xeo
cando saíron as margaridas.

Raquel e David
(1º ESO)

martes, 17 de marzo de 2015

Neva





Neva no tellado das casas,
inundado nun gran silencio.
O fácil que se derrete a neve,
no tellado máis recio.

Neva alto, neva espeso,
neva a rebentar, sen destino;
montañas de neve a rebordar
no alto de todos os pinos.

Neve revolta, rebordante,
das montañas, vaise das montañas...
Xa non se ven os portais,
nin as teas das arañas.

Nubes brancas, traen neve,
silencio dos amantes;
unha folerpa cae lenta
brilla tanto coma o diamante.

Na ventá quedouse unha,
unha folerpa moi branca,
ti ves nevar e pensas
na bendita neve santa. 

Brais (1º ESO)