Regresou con éxito o Comando PuntoGalego enviado a París nos últimos días coa misión de liberar cinco libros na capital gala.
Tras un pequeno incidente no aeroporto, no transcurso do cal un dos membros do comando foi obrigado a amosar o contido da súa maleta, os exemplares de literatura galega puideron finalmente ser postos en liberdade en diferentes puntos da metrópole que non podemos revelar.
Os integrantes do grupo deberon empregar a súa astucia para pasaren inadvertidos, camuflándose entre os turistas, como aconteceu nos arredores da Torre Eiffel, onde se deixaron fotografar xunta uns mestres xubilados de Navia de Suarna para non levantaren sospeitas.
Unha vez máis, Vacairón triunfa na misión!