domingo, 31 de maio de 2015

Vacairón en Lugo

A cidade bimilenaria
visitei esta semana,
percorrín a súa muralla
como unha antiga romana.
Non gocei dun baño relaxante
por mor do cristal de diante,
mais contemplei a catedral:
monumento sen igual.
Continúo as miñas viaxes
polas vilas e as paisaxes;
camiño o mundo sen temor
porque eu son... 

VACAIRÓOOON!

sábado, 30 de maio de 2015

Vacairón na competición

Onde dirías que estivo este venres a vaquiña de PuntoGalego?

E aquí vai o inquérito de hoxe:
Envíanos un comentario explicando de onde procede a palabra "derby" (non rexistrada no DRAG, pero si no Gran Dicionario Xerais da Lingua) e se a túa resposta é completiña, recibirás un pequeno xoguete tradicional.

xoves, 28 de maio de 2015

O cuco, cuco, cuqueiro

A rapazada de 4º de Educación Primaria está imparable... Como pasa coas cereixas, que cando colles unha, sempre lle veñen enganchadas outras no rabo, cada nova creación inspíralles outra. Así dá gusto! Bo traballo, moz@s!
  

O cuco, cuco, cuqueiro
cucou, cucou, cucou;
o cuco, cuco, cuqueiro
cucou, cucou, cucou:
os oviños do niño
tirou, tirou, tirou!

O acróstico de Taylor

Un agasallo do alumnado de 4º de Educación Primaria

Vacairón na Pobra do Brollón



Trasantonte Vacairón,
coa "profe" Luisa marchou.
Paseouna por todo Eixón,
que está na Pobra do Brollón.

Viu igrexas e letreiros,
muíños e castiñeiros;
mais non se puido resistir...
e ao sinal colocoulle o til.

Moi ben feito, Vacairón:
ao incorrecto, dille "NON"!

mércores, 27 de maio de 2015

O recuncho de Ana e Alicia

Ana (2º ESO) envíanos estas imaxes editadas por ela mesma, e cóntanos que este é un dos seus recunchos favoritos (A Telleira da Peiceira, en San Salvador de Vilaesteva), ao que acode coa súa amiga Alicia (1º ESO) usando como medio de transporte a bicicleta. Estas mozas sonvos ecoloxistas. Bravo!

O arrolo de Fiona


O arrolo de Mercedes

O arrolo de Miriam


Pregunta:
Con que outro nome común se coñece o raposo?

O arrolo de Candela


Se queres saber como se conxuga o verbo "durmir", que ten alternacia vocálica, preme AQUÍ

O arrolo de Anás

Arrolo, nana, canto de berce... para adormentar os cativos na Ribeira Sacra (ou onde cumpra)

O arrolo de Pedro

Aquí tes outra oportunidade para gañares un premio investigando:

QUE É UN COCO DE LUZ?

Escribe a túa resposta como comentario nesta entrada do blog. Sorte!

O arrolo de Usama

O arrolo de Jairo

Aquí vai unha pregunta que debes investigar: a palabra 'cuco', ademais de ser o substantivo que designa a ave da imaxe e mais un adxectivo para referírmonos ás persoas astutas...

QUE OUTRO SIGNIFICADO TEN?

Envíanos a túa resposta como comentario, e se es a primeira persoa en responder adecuadamente, obterás un premio. Lembra que podes consultar o DRAG (Dicionario da Lingua Galega) en liña e de balde, sen rexistros nin historias.

Vacairón coa patinaxe

Fotografía editada e remitida por Julia (4º ESO)

A pregunta de hoxe é a seguinte:

CAL É O PLURAL DE 'CLUB' EN GALEGO?

Envíanos a túa resposta como comentario a esta entrada do blog, e lembra que podes consultar o DRAG (Dicionario da Real Academia Galega) en liña e de balde.

luns, 25 de maio de 2015

Vacairón en Vilamor


Onte Vacairón escolleu os pastos dun lugar cun topónimo ben fermoso; e aproveitando tal circunstancia, propoñémosvos unha nova investigación con premio para quen responda correctamente e en primeiro lugar: 

CAL É O NOME COMPLETO DA PARROQUIA Á QUE PERTENCE VILAMOR? 

[Queda excluído expresamente do concurso o autor da fotografía e parroquiano do lugar, Iker].

Animádevos a consultar o nomenclátor. Yolanda (4º ESO) xa recibiu o seu agasalliño tras dar coa resposta certa á anterior pregunta proposta desde PuntoGalego.

Moda galega II


Desta volta, quen nos sorprendeu chegando ao colexio vestido con moda galega, foi o noso profesor de conversa favorito (in English, of course). Taylor exhibe camiseta reivindicativa con lema e mapa, deseñada e "customizada" pola profesora de Plástica, Ana Quintela. Como complemento ideal, o rotulador de PuntoGalego feito por Ana Martínez, de Educación Infantil. O sorriso perfecto non admite copia nin precisa ornato adicional.

O acróstico de Vladislav

 

O acróstico de Anás


O acróstico de Fiona


O acróstico de Soraya


sábado, 23 de maio de 2015

O acróstico de Adrián


O acróstico de Pedro

O acróstico de Candela

O acróstico de Uxía


O acróstico de Catalin


O acróstico de Jairo


O acróstico de Andrés


O acróstico de Miriam


O acróstico de Mercedes


O acróstico de José Manuel


O acróstico de Usama


venres, 22 de maio de 2015

Para Lourdes




Lourdes, inda que hai moito tempo disto,
todos te recordamos con moitísimo amor.
Este colexio sempre vai ser o teu sitio,
decote vas ter un lugar en Escairón.

Todo o colexio te recorda con admiración,
como unha das mellores profesoras do mundo,
pois espertas en nós unha gran paixón;
causa en nós, a túa marcha, un pesar coma o chumbo.

Por iso nós agora querémosche dicir,
que es ti e só ti, quen pode estar
dentro de nós e vai existir 
un corazón que sempre te amará.

xoves, 21 de maio de 2015

Moda galega

Adrián loce sobre os ombreiros o estampado que será tendencia este verán: puntiños galegos a esgalla. Para esta ocasión, a estilista Tania decidiu arroupalo cun pano de lunariños brancos sobre fondo azul. Coa gorxa ben abrigadiña, Adrián traballa tranquilo coa súa baralla de Vacairón exclusiva, sen medo aos cambios de temperatura bruscos propios da tempada primaveral.

Vacairón en Pantón

Antonte Vacairón marchou de paseo con Ángela para coñecer algúns lugares da contorna. Como unha turista máis, deixou constancia do seu paso polas aldeas e parroquias fotografándose xunta os letreiros. 
Podes consultar o nomenclátor da Xunta de Galicia AQUÍ, para localizar o erro ortográfico que se agocha nun dos sinais. Mándanos a túa resposta como comentario e talvez recibas un premio de PuntoGalego.

martes, 19 de maio de 2015

Xeroglífico 6

Un traballo de Yoli e Nerea

Isabeliña

Ilustradores: Fátima e Raúl
Esta é a lenda de Isabeliña, recollida por Sara en Escairón.

  Isabeliña era unha pequena moi riquiña. Sempre levaba pastar as vacas ao monte, despois de facer as súas tarefas.
  Un día, de camiño á súa casa, encontrouse cunha señora moi miudiña e vella: era unha moura. A moura, sen presentarse, acercouse a ela e deulle un vestido de seda azul precioso, con brillos arredor da cintura. A moura advertiulle que non lle podía dicir a ninguén quen lle dera aquela roupa. Isabeliña marchou para a súa casa moi contenta polo seu regalo.
  Ao entrar na casa, a mai preguntoulle polo traxe, pero a nena non respondeu. Cando a mai tomou medidas extremas, Isabeliña rompeu a chorar e contou toda a historia.
  Ao día seguinte, cando se dirixía ao monte, Isabeliña encontrouse coa moura. Esta levouna ata unha cova moi escura, afastada do camiño á aldea. Chegaba a noite e Isabeliña non volvera. A súa mai saíu da casa e chamou por ela. De súpeto, unha voz desgastada respondeulle así:
  - Isabeliña, Isabelón,
  converteuse en aceitón!

venres, 15 de maio de 2015

15-M: O reto


Chegou o momento de demostrar o que vales. 
Apoia o teu equipo falando galego todo o día!

venres, 8 de maio de 2015

Únete ao reto!


O 17 de maio (domingo), celebramos o Día das Letras Galegas, pero como a escrita sen fala non ten moito aquel, PuntoGalego lánzache o reto de falares galego durante todo o día e con todas as persoas. 
Serás quen?

A vaca non se vende

Voando vou, voando veño

Fotografía: Miguel (4º ESO)

A vaca Condesa



Que teñen en común CR7 e Messi?


Taylor. O "making of"

Velaquí o único ensaio que fixemos para o vídeo "O reto de Taylor"


Gravado cun móbil barateiro e cun tempo total de traballo duns 10 minutos, este é o resultado; así que non tendes escusa para non facerdes os vosos vídeos do reto e enviárnolos ao blog ;)

xoves, 7 de maio de 2015

Black Wolf Blogger Award: Estamos nominados !!!

PuntoGalego está nominado ao Black Wolf Blogger Award por Zarampagalegando (agradecémoslle á Churrusqueira a súa nominación). 

Para entrar no concurso  debemos colgar o cartel do premio (traballo feito!), contestar a cinco preguntas e nominar quince blogs.

E aquí veñen as preguntas e as nosas respostas:

1ª pregunta: Cal foi o primeiro libro que lemos?
- Os primeiros libros que lemos foron "Astérix e Obélix" e "Os contos da avoíña" aos que seguiron outros moitos libros.
2ª pregunta: Por que escribimos?
- Escribimos porque nos gusta, e ademais déronnos a oportunidade de facelo. Así que, quen rexeitaría iso?
3ª pregunta: Temos unha musa ou inspiración?
- A nosa inspiración son outras obras que calaron profundamente en nós, aínda que tamén algunhas das nosas experiencias da vida real.
4ª pregunta: Cales foron os nosos grandes amores?
- Temos uns cantos grandes amores: as nosas familias, os nosos amigos, a vida en si e o que leva consigo (para ben ou para mal).
5ª pregunta: Escribimos o que vivimos ou vivimos o que escribimos?
- Escribimos o que vivimos (e algo máis).

Os nosos nominados son:
Brais e María

mércores, 6 de maio de 2015